Apertura de Reserva de Lotes para la L Festa do Carneiro ó Espeto®

Apertura de Reserva de Lotes para la L Festa do Carneiro ó Espeto®

o Concello de Moraña anunciou que o vindeiro luns, e ata o 21 de xullo, abrirase o prazo de reserva dos lotes de carneiro para o xantar popular, que se celebrará o día grande da festa, domingo 28 de xullo, na Carballeira de Santa Lucía. O lote mantén o seu prezo de 300 euros e está orientado a grupos de vinte comensais, xa que inclúe un carneiro de entre 12 e 14 quilos, dúas empanadas grandes, catro moletes de pan, doce botellas de viño, doce botellas de auga, unha botella de salsa especial para o asado, café, augardente e servizo completo de mesa.

As persoas interesadas xa poden facer a súa reserva mediante o ingreso dos cartos, detallando a identidade do seu titular, nas oficinas bancarias de Abanca, Banco Santander, BBVA e La Caixa de Moraña. Tamén se pode recabar máis información nos teléfonos 986 553248 e 986 553005 de 9.00 a 14.00 horas ou no 986 552809 de 16.00 a 21.00 horas. Cómpre sinalar que, aínda que o prazo permanecerá aberto ata o 21 de xullo, o Concello resérvase a posibilidade de pechalo en calquera momento se se cubren as prazas habilitadas para o xantar, polo que se recomenda adquirir os lotes coa máxima premura.